Logo Homenaxe a Ramón Piñeiro
Homenaxe a Ramón Piñeiro

Alexandra Cillero Prieto, Élida Abal Santorum (Edición)

(2009)

978-84-453-4819-2

Prezo: 13,11 €

Páxinas: 180

Formato: Libro 17x24 cm

Imprime: Galigraf Galicia

Descargar (2 MB)

Como é natural e lóxico, o Centro Ramón Piñeiro publicou no presente 2009, no que o Día das Letras estivo dedicado ao autor de Olladas no futuro, un libro de Homenaxe a Ramón Piñeiro no que se reúnen achegas de “trece colaboradores” relacionadas coa vida ou a obra piñeirista: amigos, algúns; estudosos e especialistas, outros. O libro leva unha presentación de Manuel González González, coordinador do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e un limiar de Ramón López Vázquez. De Siro López son as ilustracións, que se publican por vez primeira, e unha visión do humor en Ramón Piñeiro. Tramos ou períodos biográficos, claves do galeguismo propugnado por Piñeiro, obra metafísico-filosófica, labor político, concepción da saudade, tarefa política no Parlamento de Galicia, vea humorística e tarefa desenvolvida no Consello da Cultura Galega son contidos aquí tratados.