Logo Cadernos Ramón Piñeiro (V)
Cadernos Ramón Piñeiro (V)

Luís Alonso Girgado , María Cuquejo Enríquez, Carmen Fariña Miranda (Edición)

(2004)

84-453-3830-7

Prezo: 4,40 €

Páxinas: 94

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Gráficas ATV

Descargar (528 KB)

Co título de Cartas de Ramón Piñeiro a Ricardo Carballo Calero publica o número 5 dos Cadernos Ramón Piñeiro un conxunto epistolar integrado por 49 pezas, en xeral de breve ou mediana extensión. A cronoloxía destas cartas vai de 1950 a 1977 e na transcrición dos orixinais, conservados na “Biblioteca Carballo Calero” do Parlamento de Galicia, respectáronse os trazos ortográficos do autor. Escritas con sinxeleza pero non con descoido, estas cartas constitúen unha pequena crónica da vida literaria e cultural de Galicia ó longo dun cuarto de século. Son mostra, así mesmo, da amizade e a alta consideración que o ilustre profesor Carballo Calero lle merecía a Ramón Piñeiro. É esta, en definitiva, unha contribución de considerable entidade á difusión da moi ampla produción epistolar de Ramón Piñeiro.