Logo Informe de literatura 1999
Informe de literatura 1999

Blanca-Ana Roig Rechou (Director do proxecto); Blanca-Ana Roig Rechou (Coordinador); Eulalia Agrelo Costas (Axudante de coordinación); Mario Romero Triñanes, Alexandra Cabaleiro Carro (Bolseiro)

(2000)

84-453-2924-3

Prezo: 5.700 pts.

Páxinas: 965

Formato: 27'5 x 21'5 cm.

Imprime: Aroprint, S.L.

Quinta entrega do proxecto “Informes de Literatura”, na que, seguindo as liñas metodolóxicas asentadas dende o seu inicio, pretende darlle conta ó lector de maneira obxectiva de todo o referente ó ámbito da literatura galega que apareceu en soporte impreso ó longo do ano 1999 e en soporte informático, de aí a inclusión dende 1998 das páxinas web que tratan a literatura galega. Esta publicación consta dos seguintes apartados: “Narrativa”, “Poesía”, “Teatro”, “Día das Letras Galegas: Roberto Blanco Torres”, “Ensaio. Teoría Xeral. Crítica. Biografías. Crónicas”, “Clásicos grego-latinos traducidos”, “A literatura infantil e xuvenil galega”, “Literatura de transmisión oral”, “Revistas”, “Premios”, “Literatura medieval”, “Folletos de novidades editoriais”, “Páxinas web”, “Apéndice libros doutros anos non recollidos nos Informes anteriores”, “Índice onomástico” e “Índice temático”. Tamén é de salienta-lo apartado que lle dedica ás estatísticas, por medio das cales se pode facer unha mellor matización na análise dos aspectos que definen o sistema literario galego. Este Informe de literatura 1999 está acompañado por un CD-ROM (mediante o estándar de edición PDF), que, á súa vez, recolle os Informes publicados anteriormente.