Logo Actas do I Coloquio Galego de Fraseoloxía
Actas do I Coloquio Galego de Fraseoloxía

Xesús Ferro Ruibal (Coordinador)

(1998)

84-45321-67-6

Prezo: 1.560 pts.

Páxinas: 340

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Gráficas Numen

Descargar (1,71 MB)

Constitúen un repaso de boa parte da experiencia fraseográfica europea e dos criterios científicos que a sustentan, por medio das conferencias e debates sobre temas fraseolóxicos e fraseográficos de Alberto Zuluaga Ospina (Tubingen), Gloria Corpas Pastor (Málaga), Franz Josef Hausmann (Erlangen-Nürnberg), Patrick Hanks (Oxford), Antonia M.ª Tristá Pérez (La Habana), Juan Martínez Marín (Granada), Maria Conca i Martinez (Valencia), Xabier Kaltzakorta (Bilbao), Fernando Varela (Viena), Delfín Carbonell Basset (Marshall Institut de Madrid), Antonio Nogueira Santos (fraseógrafo portugués-inglés), Marina Kótova (San Petesburgo), Leonel Ruiz Miyares (Santiago de Cuba). Por parte galega participaron Xosé María Gómez Clemente (Vigo), Luís González García e M.ª Rosario Soto Arias (A Coruña), Carmen Mellado Blanco e Xesús Ferro Ruibal (Santiago de Compostela).