Logo Gelmírez. Hojas de otoño a primavera. Edición facsímile (Santiago de Compostela, 1945-1946)
Gelmírez. Hojas de otoño a primavera. Edición facsímile (Santiago de Compostela, 1945-1946)

Luis Alonso Girgado (Director do proxecto); Xabier Castro Rodríguez, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Begoña Eguizábal Gándara, Amelia Rodrigues Esteves (Colaborador)

(1995)

ISBN: 84-453-1552-8

Prezo: 4.825 pts.

Páxinas: 339

Formato: 22'5 x 29 cm.

Imprime: Galigraf Galicia, S.L.

Descargar (85 MB)

“Gelmírez” foi a revista literaria editada polo Instituto Arcebispo Xelmírez de Santiago de Compostela no curso académico 1945-1946. Trátase dunha publicación bilingüe da que saíron tres números, que conteñen nas súas páxinas textos de Fermín Bouza Brey, Antón Fraguas, Aquilino Iglesia Alvariño, Ramón Otero Pedrayo ou Manuel Rabanal, entre outros. A presente edición facsimilar conta coas presentacións de Jesús Precedo Lafuente, Raúl Souto Castelo e Juan José Moralejo Álvarez, que falan de distintos aspectos relacionados coa revista, o instituto que lle deu nome ou os distintos colaboradores da mesma. Ademais, a edición vai acompañada dos xa habituais sumarios, dun estudio introductorio e dun apéndice no que se fai inventario das revistas de Ensino Medio que se publicaron en Galicia entre 1945 e 1995.