Logo Cadernos de Fraseoloxía Galega 10
Cadernos de Fraseoloxía Galega 10

Varios; Xesús Ferro Ruibal (Director)

(2008)

ISSN: 1698-7861

Prezo: 6,75 €

Páxinas: 360

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Galigraf-Galicia, S.L.

Descargar (5 MB)

27 colaboradores, pertencentes a cinco Estados europeos e dous africanos, ofrecen primeiramente 12 traballos que se reparten entre estudos taxonómicos ou fraseográficos de Véselka Ángelova Nénkova e Carlos González-Espresati; Jenny Brurnme; Dolors Catalá Guitart; Isabel Echevarría Isusquiza e Javier Arbulu Aguirre; Abdendi Lachkar; e Juan A. Martínez López e Gunn Aarli; un estudo de Marcial Gondar Portasany que explora a fronteira entre antropoloxía e fraseoloxía; está presente a comparación plurilingüe cos artigos de Mª José Corvo Sánchez, Angelika Menaker, Silvia Molina Plaza e Mona Noueshi e finalmente de fraseodidáctica ofrece un traballo Stefan Ettinger. Na sección de RECADÁDIVAS Xesús Ferro Ruibal edita o Refraneiro de Grou (Lobios) recollido por Bieito Fernandes do Palheiro; e Dorinda Penín Rodríguez outra recolleita de 119 expresións da Limia. Na sección de RECENSIÓNS analízanse Lenguaje gurado y motivación. Una perspectiva desde la fraseología, Nouveaux apports à l’étude des expressions figées, El componente etnolingüístico de la paremiología, Diccionario de Fraseoloxía Galega, La didactique du français idiomatique, Beiträge zur Phraseologie aus textueller Sicht; Colocaciones y fraseología en los diccionarios, La collocation adjectif-adverbe et son traitement lexicographique. Français - allemand - espagnol, Fraseografía teórica y práctica e por último Hai Voluto la bicicletta… E sercizi su fraseología e segnali discorsivi per studenti di italiano LS/L2. Esta sección complétase coa de NOVAS na que se dá noticia de libros e artigos chegados á redacción e onde se presentan os grupos de investigación Fraseonet da USC e Frasespal (proxecto de investigacón interuniversitario).

Contidos