Logo Bibliografía analítica da lingua galega (2004)
Bibliografía analítica da lingua galega (2004)

Francisco García Gondar (Director do proxecto); Cristina Blanco González, Amparo Cereixo Silva, Déborah González Martínez e Damián Suárez Vázquez (Colaborador)

(2006)

978-84-453-4494-1 (Caderno 1), 1887-276X (Cadernos da Bilega)

Prezo: 9 €

Páxinas: 398

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Litonor

Descargar (3,8 MB)

A Bibliografía analítica da lingua galega (2004) inaugura a serie Cadernos da BILEGA, destinada a acoller monografías con información bibliográfi ca tirada de seccións acoutadas cronolóxica ou tematicamente do banco de datos BILEGA: Bibliografía Informatizada da Lingua Galega, que o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades vén ofrecendo desde 1998 como recurso en liña permanentemente actualizado (http://www. cirp.es/bdo/bil/). Este nº 1 dos Cadernos da BILEGA está constituído por 803 entradas que corresponden á produción bibliográfi ca sobre o idioma galego xerada no ano referido, tanto en formato impreso como dixital. As entradas bibliográfi cas tratan de ofrecer a historia editorial completa dos traballos recollidos (incluídas as recensións e notas de publicación a que deron lugar) e preséntanse organizadas tematicamente. Cada entrada ofrece unha sinopse do traballo, así como información sobre a(s) época(s) da historia do galego que abrangue e a(s) variedade(s) lingüística(s) analizada(s) (de ser o caso), entre outros aspectos. A obra complétase con seis ricos índices elaborados atendendo a varios parámetros, que tentan facilitar a localización dos traballos na bibliografía.