Logo Suevia (Edición facsimilar)
Suevia (Edición facsimilar)

Luís Alonso Girgado (Estudo introdutorio); Marisa Moreda Leirado, María Vilariño Suárez (Edición)

(2007)

978-84-453-4429-3

Prezo: 13 €

Páxinas: 416

Formato: 21 x 29 cm.

Imprime: Galigraf Coruña

Descargar (361 MB)

A revista Suevia, aparece en Bos Aires no ano 1913 e desde o seu comezo está inscrita no ámbito do Rexionalismo, tal e como se anuncia no subtítulo que a acompaña, “Revista Gallega Regionalista”. Esta Suevia, dirixida polo pontevedrés Joaquín Pesqueira, declara desde o principio a súa loita reivindicativa por Galicia. Publicouse quincenalmente ata o 28 de xuño de 1913 (nº 9) e reapareceu no ano 1916 sen facer ningunha referencia á súa antecesora, desaparecendo do subtítulo o apelido “Regionalista” para reducirse a “Revista gallega”. A dirección da revista segue a estar na man de Joaquín Pesqueira, e a maioría dos colaboradores que aparecían na primeira continúan a escribir nas páxinas da nova Suevia. Entre os colaboradores literarios destacamos a Basilio Álvarez, Valle-Inclán, Eladio Rodríguez González, Julio Carballo Enríquez -entre outros-; Castelao, Lourido e Ardit son algúns dos ilustradores que fi guran nas páxinas de ambos os anos. Como xa ocorrera en 1913, mais agora tres números antes, Suevia desapareceu o mesmo ano do seu comezo. En defi nitiva, este conxunto de quince números da totalidade de Suevia é unha digna mostra do noso xornalismo literario e cultural da diáspora que o Centro Ramón Piñeiro recupera para a súa conservación e difusión.