Logo Alma Gallega
Alma Gallega

Luís Alonso Girgado (Director do proxecto); Luís Alonso Girgado e María Vilariño Suárez (Edición)

(2006)

84-453-4242-8

Prezo: 16 €

Páxinas: 128 máis as do facsímile

Formato: 19.5 x 28.5 cm. e CD-ROM

Imprime: Litonor. CD-ROM: Copybelén

Descargar (29 MB)

Alma Gallega (Montevideo, 1919-1967) é a revista societaria (voceira da Casa de Galicia e “libro aberto” da historia daquela sociedade mutualista) de máis longa xeira das que os galegos publicaron en Uruguai. Esta edición facsimilar que tenta recuperala reproduce en libro 3 dos seus números extraordinarios, mentres que os 38 restantes van no CD-ROM que se adxunta no libro. A atención sanitaria foi sempre obxectivo prioritario dunha Casa de Galicia que aínda hoxe é a entidade galega con máis socios e que desde a primeira hora dedicou os seus esforzos á cultura, á educación, ao labor de axuda e protección dos nosos inmigrantes. Toda esa información ao longo de case medio século esta aquí contida e constitúe a crónica do día a día da Casa: as súas iniciativas, realizacións, melloras, crecemento, mais tamén atrancos e problemas. Alma Gallega é, en síntese, un documento social, laboral e cultural de sumo interese. Ficha técnica, índices e percorrido temático por estas páxinas completan esta edición.