Logo Cadernos Ramón Piñeiro (II)
Cadernos Ramón Piñeiro (II)

Luís Alonso Girgado , Teresa Monteagudo Cabaleiro

(2003)

84-453-3677-0

Prezo: 4 €

Páxinas: 140

Formato: 17 x 24 cm.

Imprime: Gráficas ATV

Descargar (395 KB)

Interesados, loxicamente, na divulgación e estudio da vida e da obra de Ramón Piñeiro, estes Cadernos que levan o seu nome ofrecen, no seu nº 2, unha cronobiografía que resulta ser unha síntese da xeira vital do escritor e, paralelamente, das súas obras, iniciativas e empresas culturais. Interesa, neste sentido, a recompilación de todo tipo de datos que van dando conta do labor cotián que Piñeiro realizou por e para Galicia. Completa o volume un apartado epistolar inédito que reúne varias ducias de cartas de Ramón Piñeiro a amigos como Luís Pimentel, Rafael Dieste, Eduardo Moreiras, Carlos Zubillaga Barrera, Carlos Casares, Pilar Vázquez Cuesta e outros. No terreo epistolar é onde atopamos a parte máis íntima, máis cordial e fecunda da súa producción textual.