Logo Galiza (Mondoñedo 1930-1933)
Galiza (Mondoñedo 1930-1933)

Luis Alonso Girgado (Introdución); Amelia Rodrigues, Begoña Eguizábal Gándara (Índices); Amelia Rodrigues, Begoña Eguizábal Gándara (Revisión)

(1999)

84-453-2402-0

Prezo: 2.850 pts.

Páxinas: 158

Formato: 22 x 32 cm.

Imprime: Difux, S.L.

Descargar (45 MB)

“Galiza (Mondoñedo, 1930)” foi a primeira publicación periódica fundada e dirixida por Álvaro Cunqueiro, que daquela era un mozo de vinte anos, estudiante en Santiago e interesado non só nos camiños da nova poesía, senón tamén no pulo que o movemento nacionalista estaba a ter na xuventude universitaria da década dos trinta. Nesta edición facsimilar temos os cinco números ós que Galiza chegou, pero engadimos tamén os tarxetóns poéticos a cores das series “Papel de Color” e “Frol de Diversos”, que Cunqueiro creou pouco despois. Na introducción xorde o grupo de mozos mindonienses amigos de Cunqueiro e, concretamente, o feixe de interesantes colaboradores daquelas sinxelas follas de “Galiza”, que ó principio tiveron carácter exclusivamente lírico para rematar en achegas en prosa de acento combativo e denunciador e sinalada vocación política na órbita nacionalista.