Narrativa Recuperada
Táboa de contidos
Título do proxecto
Narrativa Recuperada.
Descrición
Recuperación da narrativa galega decimonónica (groso modo, último tercio do S. XIX e primeira quincena do S. XX) esparexida, na maioría dos casos, en revistas e xornais do amplo ámbito da galeguidade.
Dirección/Coordinación
Modesto Hermida García.
Persoal vinculado
(POR ORDE CRONOLÓXICA DE COLABORACIÓN): Manuel González González, María González González, Benito Varela Jácome, Mª Teresa Monteagudo Cabaleiro, Mª Teresa Araujo García, Mª Isabel Soto López, Mª Eulalia Agrelo Costas, Mario Romero Triñanes, Xavier Campos Villar, Alexandra Cabaleiro Carro, Rafael Adán Rodríguez, Isabel Mociño González, Marta Neira Rodríguez, Francisco martínez Hidalgo, María vanesa Solís Cortizas, Anxo Rajó Pazó.
Publicacións resultantes
A cruz de Salgueiro e outros relatos, de Xesús Rodríguez López, 1997
Alira de Elfe, A reina loba e outros relatos, deManuel Lois Vázquez, 1998
Baixo do alpendre e outros relatos, de Manuel P. Amor Meilán, 1998
Obra narrativa en galego de Heraclio Pérez Placer, 1998
Obra narrativa en galego de Aurelio Ribalta y Copete, 2000
Uxío Carré Aldao, obra narrativa en galego, 2000
A obra narrativa en galego de Manuel Lugrís Freire, 2000
Relatos e outras prosas de Roque pesqueira Crespo, 2001
As noites no fogare outros textos, de Angel Vázquez Taboada, 2001
Narradores ocasionais do S.XIX (Relato breve), 2003
Gallegada e outros textos en prosa de Valentín Lamas Carvajal, 2004
Obra narrativa en galego de Manuel lugrís Freire (Reedición), 2006
Obra narrativa en galego de Amador Montenegro Saavedra, 2007
Contos do turreiro e outros relatos, de Avelino Rodríguez Elías (De saída inmediata)
Narradores ocasionais de comezos do S. XX (1901-1916) (De saída inmediata)
Fermosinda e outros relatos de Francisco Porto Rey (de próxima saída)
A narrativa en galego de Fortunato Cruces (De próxima saída)
Actividades científicas organizadas e previstas
Tese de Doutoramento lida por Modesto Hermida García en 1994 na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela, dirixida polo Dr. Anxo Tarrío Varela, titulada Narrativa Galega: Tempo do Rexurdimento e que deu lugar ao líbro do mesmo título, publicado en Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1995.
