Dicionario italiano-galego galego-italiano
Táboa de contidos
Título do proxecto
Dicionario italiano-galego galego-italiano.
Descrición
Esta obra xorde do desexo de desenvolver un proxecto pioneiro na lexicografía bilingüe galega. Na ausencia de dicionarios específicos para o noso ámbito, os usuarios galegos vense na obriga de empregar os dicionarios bilingües que poñen en contacto o castelán co resto das linguas. Ben é verdade que existen vocabularios multilingües que relacionan o galego co francés, o castelán, o inglés, o alemán... pero isto non abonda, dado que se trata dunha confrontación de léxico (moitas veces de linguas de especialidade) a nivel elemental e, polo tanto, pouco rendible.
Un dicionario é unha ferramenta eficaz para estreitar un vínculo non só cultural entre países, no noso interese está achegar Italia e Galicia. A relación existente entre ambas terras non é recente (como reiteradamente subliñou Álvaro Cunqueiro) e nesta política de expansión de Galicia cara a Europa, consideramos que a lingua debe ser un dos elementos senlleiros da nosa identidade no intercambio co resto das comunidades que integran a Europa unida, mirando tamén de prestar utilidade ao mercado laboral da Comunidade Europea.
O obxectivo dos autores do Dicionario italiano-galego galego-italiano é, xa que logo, tender pontes culturais, institucionais, económicas... entre Galicia e Italia, promovendo a cultura galega en Italia e facilitando os intercambios entre os dous pobos, proporcionando unha ferramenta axeitada para un público o máis amplo posible (incuantificable, dada a difusión que a información acada a través de internet), especialmente para os usuarios galegos.
O proxecto pretende atender á traducción e producción de textos, difundindo os seus resultados tanto en versión impresa coma electrónica. A primeira parte do dicionario, xa presente na rede en formato pdf (a través do servidor web do Centro Ramón Piñeiro para a Investigacións en Humanidades) para acadar unha maior divulgación, vaise converter en texto informatizado, co gallo de mellorar as buscas e completar o segundo volume que esperamos vexa a luz dentro de pouco e que conta desde o comezo coa programación necesaria para poder ser editado nas dúas versións (impresa e electrónica).
Consideramos que este traballo quedaría imcompleto se non poidese contar coa conveniente difusión en internet. E para esta versión pretende poñerse a disposición dos usuarios non só as dúas partes do dicionario e todos os seus apéndices, senon que se completa a obra cun itinerario lingüístico, no que o usuario poderá comprobar o seu nivel de coñecemento en lingua italiana, con exercicios de gramática contrastiva, centrados nos ámbitos da morfoloxía, a sintaxe e a semántica.
Dirección/Coordinación
Isabel González
Persoal vinculado
Ana María Domínguez Ferro, Cristina Marchisio e María Teresa Sanmarco Bande (colaboradoras externas sen remuneración).
Publicacións resultantes
GONZÁLEZ, I., "Información semántica complementaria en los diccionarios bilingües", Actas del IX Congreso Nacional de Italianistas Españoles, Lengua y Lenguaje Poético, Valladolid, 2-4 de octubre de 2000, ed. Soledad Porras Castro, Universidad de Valladolid, 2001, pp. 45-60.
GONZÁLEZ, I., colaboradora na revisión do Dicionario Galego de Termos Médicos, Santiago de Compostela, Grafinova, 2002.
GONZÁLEZ, I., Gramática italiana II, Lugo, Citania, 2002.
GONZÁLEZ, I., "Algunhas consideracións en torno á flexión de xénero e número en italiano e galego", en As Tebras Alumeadas. Estudos filolóxicos ofrecidos en homenaxe a Ramón Lorenzo, ed. Ana Isabel Boullón Agrelo, Xosé Luis Couceiro Pérez e Francisco Fernández Rei, Santiago de Compostela, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela, 2005, pp. 365-374.
SANMARCO, M., "Panorámica de la lexicografía italoespañola", Actas del IX Congreso Nacional de Italianistas Españoles, Lengua y Lenguaje Poético, Valladolid, 2-4 de octubre de 2000, ed. Soledad Porras Castro, Universidad de Valladolid, 2001, pp. 723-730.
SANMARCO, M., Gramática italiana I, Lugo, Citania, 2002.
SANMARCO, M., "Criterios para un diccionario unidireccional activo gallego-italiano", Actas del XXI Congreso internacional de Lingüística y Filología Románica, ed. Fernando Sánchez Miret, Tübingen, Max Niemeyer Verlag, 2003, vol III, pp. 411-416.
SANMARCO, M., "Las palabras culturales en el diccionario bilingüe", en Atti del XII Congresso Internazionale di lessicografia, ed. Carla Marello, Alessandria, Edizioni dell’Orso, 2006, pp. 617-622.
SANMARCO, M., "El Diccionario italiano español, español italiano (1957) de E. M. Martínez Amador", en Textos fundamentales de la lexicografía italoespañola (1917-2007), Félix San Vicente (ed.), Monza, Polimetrica, 2008, pp. 273-312.
SANMARCO, M., "A denominación de animais e plantas nos dicionarios bilingües. O ámbito ítaloespañol", en M. Brea et alii (eds.), Homenaxe a Antón Santamarina, Santiago de Compostela (no prelo).
Actividades científicas organizadas e previstas
Participación en reunións científicas, congresos, encontros, cursos e outros eventos
GONZÁLEZ, I., Algunos aspectos de los diccionarios bilingües, con especial referencia al Italiano/gallego-Gallego/italiano, Istituto Italiano di Cultura Madrid, 26 outubro 2005.
GONZÁLEZ, I., "O dicionario italiano-galego, galego-italiano",Simposio de Lexicografía Galega, A Coruña, 20 de novembro de 2000 (no prelo)
SANMARCO, M., "L'informazione sui falsi amici nei dizionari bilingui", en VI Convegno Internazionale della SILFI, Duisburg (Alemaña), 28 de xuño- 2 de xullo de 2000 (no prelo).
SANMARCO, M., "La lexicografía del siglo XXI: hacia el diccionario ilimitado", en I Congreso Internacional de lexicografía hispánica, A Coruña, 14-18 de setembro de 2004 (no prelo).
SANMARCO, M., "Tratamiento de los términos gastronómicos italianos en los diccionarios gallegos", en Convegno Internazionale su Lessicografia e Lessicolgia dei Linguaggi Settoriali, Palermo, 21-23 de xuño 2007 (no prelo).
