Fraseoloxía galega

Táboa de contidos

Título do proxecto

Fraseoloxía galega.

Descrición

É un proxecto cuádruplo.

  1. Construción dun Tesouro Fraseolóxico galego que reúna nunha base de datos non só o propio traballo de campo senón tamén, na medida do posible, a totalidade das recolleitas fraseolóxicas dende o P. Sarmiento ata hoxe. Confórmano fontes orais e fontes escritas (recolleitas fraseolóxicas publicadas e inéditas, expurgos lexicográficos, contextos do cantigueiro popular e dalgunhas relevantes obras literarias). Proximamente estará na Rede un fondo de 60.000 ocorrencias. Previsión de chegar ás 300.000.
  2. Impulso dos estudos fraseolóxicos e fraseográficos en Galicia, mediante Coloquios e a revista Cadernos de Fraseoloxía Galega na que colaboran en galego fraseólogos de diferentes países de Europa e de América. ISSN 1698-7861. Dende o número 6 é anuario (ISSN 1698-7861). En prensa o número 13, 2011. Tódolos números anteriores están na Rede en formato PDF. Esta revista pretende tamén impulsa-lo funcionamento da lingua galega como lingua de debate científico.
  3. Tradución ó galego de obras de referencia da fraseoloxía eslava que non teñan aínda tradución a ningunha lingua da Europa occidental. Iniciouse con obras do prof. de San Petersburgo Valerii Mokienko: As imaxes da lingua rusa (2000) e Fraseoloxía eslava (2000) e continuou cunha obra dos prof. da Academia Rusa das Ciencias, Anatólij Baránov e Dmitrij Dobrovol’skij. Preténdese así colaborar á proxección exterior da lingua galega.
  4. Outros
    • Actas do I Coloquio Galego de Fraseoloxía (1998)
    • Refraneiro galego da vaca (1995)

Dirección/Coordinación

Xesús Ferro Ruibal.

Persoal vinculado

Neste proxecto foron colaborando sucesivamente e durante períodos desiguais as seguintes persoas: María Isabel González Rey, María Jesús Anido Silvosa, Clara Viqueira Liñares, Isabel Valiño Ferrín, Josefa Beloso Gómez, Patricia Buján Otero, Mª Carme Paz Roca, Marta Rodríguez Añón, Ana Vidal Castiñeira, Cristina Veiga Novoa, Ana García Lozano, Leopoldo Cañizo Durán e Beatriz Vizcaíno Pena, Cristina Rodríguez Nieto, Emma Mª Salgueiro Veiga, Alba Vidal Fernández, Fernando Groba Bouza e Xacinta Varela Martínez.

Consello Científico e Consello de Redacción de CFG

Consello científico

Margarita Alonso Ramos (Universidade da Coruña), María Álvarez de la Granja (Universidade de Santiago de Compostela), Javier Calzacorta Elorza (Euskaltzaindia. Real Academia de la Lengua Vasca), Maria Conca i Martínez (Universitat de València), Xermán Conde Tarrío (Universidade de Santiago de Compostela), Gloria Corpas Pastor (Universidad de Málaga), Stefan Ettinger (Universität Augsburg), Xosé María Gómez Clemente (Universidade de Vigo), Luís González García (Universidade da Coruña), Mª Isabel González Rey (Universidade de Santiago de Compostela), Ángel Iglesias Ovejero (Université d’Orléans), Joan Martí i Castell (Institut d’Estudis Catalans), Carmen Mellado Blanco (Universidade de Santiago de Compostela), Valerii Mokienko (Sankt-Peterbúrgskii Gosudárstvennii Universitet), Károly Morvay (Universidade Eötvös Loránd de Budapest), António Nogueira Santos (Portugal), Fernando Varela Iglesias (Universität Wien), Gerd Wotjak (Universität Leipzig), Alberto Zuluaga Ospina (Universität Tübingen).

Consello de redacción do último número

Xesús Ferro Ruibal (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades), María Álvarez de la Granja (Universidade de Santiago de Compostela), Carme López Taboada (IES Eusebio da Guarda da Coruña), Ramón Anxo Martíns Seixo (Escola Oficial de Idiomas de Vigo), Cristina Rodríguez Nieto (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades), Emma Mª Salgueiro Veiga (CEIP de Sillobre, Fene), María do Rosario Soto Arias (IES Eusebio da Guarda da Coruña), Xacinta Varela Martínez (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades), Cristina Veiga Novoa (Santiago de Compostela)

Publicacións resultantes

BENAVENTE JAREÑO, Pedro e Ferro Ruibal, Xesús (1995): Refraneiro galego da vaca.

FERRO RUIBAL, Xesús (coord.) (1998): Actas do I Coloquio Galego de Fraseoloxía (1997).

MOKIENKO, Valerii (2000): Fraseoloxía eslava. (Manual universitario para a especialidade de lingua e literatura rusas).

MOKIENKO, Valerii (2000): As imaxes da lingua rusa.

BARÁNOV, Anatolij; DOBROVOL'SKIJ (2009): Aspectos teóricos da fraseoloxía.

Cadernos de Fraseoloxía Galega 1. Fraseoloxía do mar na Mariña Luguesa (RIVAS, Paco) (2000).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 2. Refraneiro galego (TABOADA CHIVITE, Xesús) (2000).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 3. Achegas a un diccionario de refráns galego-castelán, castelán-galego (SOTO ARIAS, Mª do Rosario) (2003).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 4. Estudos e recadádivas (2003).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 5. Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral (Francisco Vázquez Saco) (2003).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 6 (2004).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 7 (2005).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 8 (2006).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 9 (2007).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 10 (2008).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 11 (2009).

Cadernos de Fraseoloxía Galega 12 (2010).

VENTÍN DURÁN, José Augusto (2007): Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral.

BENAVENTE JAREÑO, Pedro; FERRO RUIBAL, Xesús (2010): O libro da vaca. Monografía e etnolingüística do gando vacún.

Actividades científicas organizadas e previstas

I Coloquio Galego de Fraseoloxía. Interviron Alberto Zuluaga Ospina (Tubingen), Gloria Corpas Pastor (Málaga), Franz Josef Hausmann (Erlangen-Nürnberg), Patrick Hanks (Oxford), Antonia M.ª Tristá Pérez (La Habana), Juan Martínez Marín (Granada), Maria Conca i Martinez (Valencia), Xabier Kaltzakorta (Bilbao), Fernando Varela (Viena), Delfín Carbonell Basset (Marshall Institut de Madrid), Antonio Nogueira Santos (fraseógrafo portugués-inglés), Marina Kótova (San Petesburgo), Leonel Ruiz Miyares (Santiago de Cuba). Por parte galega participaron Xosé María Gómez Clemente (Vigo), Luís González García e M.ª Rosario Soto Arias (A Coruña), Carmen Mellado Blanco e Xesús Ferro Ruibal (Santiago de Compostela).

Participación en reunións científicas, congresos, encontros, cursos e outros eventos

Xesús Ferro Ruibal participou con conferencias no I Congreso Internacional de Paremiología (17-20.4.1996 Madrid), no Congreso Internacional de Fraseoloxía e Paremioloxía (19-22.9.2006. Universidade de Santiago de Compostela) e no Tercer Seminari Internacional sobre Refranys Meteorològics. Geoparemiologia romànica (6-7.6.2011 Universitat de Barcelona). Tamén en diferentes cursos de actualización didáctica para profesores de ensino básico e medio.

Valid XHTML 1.0 Strict