Cadernos Ramón Piñeiro
Táboa de contidos
Título do proxecto
Cadernos Ramón Piñeiro.
Descrición
Esta liña do noso traballo quere homenaxear a Ramón Piñeiro na colección de cadernos que leva o seu nome e que, á altura de comezos deste 2007, leva dez números, algúns deles dedicados á figura de don Ramón e outros a temas e cuestións filosóficas, estéticas ou biográficas referidas sempre ao noso ámbito cultural e lingüístico. Boa parte destes cadernos está integrada polas obras gañadoras do Premio Centro Ramón Piñeiro de ensaio curto que promove o noso Centro e que no presente ano vai pola quinta convocatoria.
Dirección/Coordinación
Luís Alonso Girgado.
Persoal vinculado
Marisa Moreda Leirado, María Vilariño Suárez (bolseiras actuais).
Amelia Rodrígues Estéves, Xoan Carlos Domínguez Alberte, Carmen Fariña Miranda.
Outros colaboradores: Teresa Monteagudo Cabaleiro, María Cuquejo Enríquez, Ramón López Vázquez, Manuel Quintáns Suárez, Anxo González Fernández.
Publicacións resultantes
Ramón Piñeiro: dúas lecturas. Cadernos Ramón Piñeiro I, [2003]
Ramón Piñeiro: cronobiografía e cartas. Cadernos Ramón Piñeiro II, [2003]
Bibliografía e hemerografía de Ramón Piñeiro: unha contribución. Cadernos Ramón Piñeiro III, [2003]
Ideas sobre a lingua galega na obra de Manuel Murguía. Cadernos Ramón Piñeiro IV, Jose Ángel García López, [2004]
Cartas de Ramón Piñeiro a Ricardo Carballo Calero. Cadernos Ramón Piñeiro V, [2004]
Idacio Lémico: Chronica (379-469). Cadernos Ramón Piñeiro VI, Xoan Bernádez Vilar, [2004]
Antón e Ramón Villar Ponte: Unha irmandade alén do sangue. Cadernos Ramón Piñeiro VII, Emilio Xosé Ínsua López, [2004]
Diálogos na néboa: Álvaro Cunqueiro e Ramón Piñeiro na xénese da literatura galega de posguerra. Cadernos Ramón Piñeiro VIII, Manuel Forcadela, [2006]
Sobre o humor de Cervantes no Quixote. Cadernos Ramón Piñeiro IX, Siro López, [2006]
