Proxecto para a Avaliación e Aprendizaxe de Galego

Táboa de contidos

Título do proxecto

Proxecto para a Avaliación e Aprendizaxe de Galego

Descrición

O Proxecto botou a andar no CIRP en maio de 2004 co obxectivo de deseñar probas que permitan a acreditación do coñecemento de lingua galega de acordo cos parámetros marcados por ALTE (Association of Language Testers in Europe) e o Consello de Europa. Así mesmo, do proxecto deberán sair os protocolos de actuación para poñer en marcha esas probas e os descritores dos coñecementos esixidos para a superación de cada un dos niveis.

A primeira publicación foi o Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación (2005), que é unha reelaboración daquel As linguas modernas: aprendizaxe, ensino, avaliación. Un marco común europeo de referencia que en 2001 publicou a Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. A actual tradución recolle esa antiga versión, corrixida e posta ó día seguindo as actuais versións dos diferentes Marcos publicados en portugués, catalán, castelán e inglés, no desexo de ofrecer a máis recente versión do documento emitido polo Consello de Europa coas oportunas recomendacións para o ensino, aprendizaxe e avaliación das linguas oficiais da Unión Europea.

ALTE xa homologou en maio de 2005 o Celga 2, proba correspondente ó nivel B1 do Marco e próximamente vaise someter a súa aprobación o modelo do Celga 4, proba correspondente ó nivel C1 do Marco.

Así mesmo, en novembro de 2006 fixéronse públicos os Niveis de competencia en lingua galega, documento no que se describen as competencias comunicativas que ten que manexar o usuario para superar as probas correspondentes ós diferenetes graos de coñecemento en lingua galega.

Dirección/Coordinación

Elvira Fidalgo.

Persoal vinculado

Margarita Chamorro, Bieito Silva, Manuel Núñez Singala, Xaquín Núñez Sabarís, Rocío Barros e Luís Ángel Martínez Antelo (colaboradores).

Yolanda López e Ivonete (da Silva) Soares Isidoro (bolseiras).

Publicacións resultantes

Marco europeo común de referencia para as lingua: aprendizaxe, ensino, avaliación (2005).

Niveis de competencia en lingua galega (2006).

Glosario de termos para a avaliación de linguas (2007).

Actividades científicas organizadas e previstas

Participación en reunións científicas, congresos, encontros, cursos e outros eventos

O grupo asiste a todas as reunións convocadas por ALTE en calidade de membro pertenecente á organización.

Valid XHTML 1.0 Strict