Título
Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos
Autor
Fernando Lahuerta Mouriño, Francisco X. Vázquez Álvarez
Tratamento lingüístico e terminolóxico TERMIGAL
Manuel González González
Data publicación
2000
Prezo
3.827 pts.
ISBN
84-453-2913-8
Páxinas
621
Formato
17 x 24 cm.
Imprime
Aroprint, S.L.
Portada libro
O Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos xorde ante a necesidade de enche-lo baleiro terminolóxico existente no eido das ciencias do mar. Construído cun propósito normalizador, consta dun total de 2.131 nomes de especies mariñas, seleccionadas seguindo criterios económicos e xeográficos a partir das máis de 8.000 posibilidades reais. O seu obxectivo é facilita-la comunicación dos profesionais do sector nos intercambios comerciais de carácter internacional. Con este fin, inclúense as denominacións en galego cos seus equivalentes en diferentes idiomas. O ordenamento das distintas especies faise mediante criterios sistemáticos, indicándose en cada caso o nivel taxonómico empregado partindo da "Clasificación estatística internacional uniforme dos animais e plantas acuáticas" (CEIUAPA). Esta información, de carácter lingüístico e taxonómico, complétase con datos sobre as áreas xeográficas que constitúen o hábitat natural de cada organismo. O volume finaliza con índices alfabéticos de tódolos organismos agrupados polo seu nome científico e pola súa denominación en galego, español, francés, inglés e portugués.

Valid XHTML 1.0 Strict