Título
Cultura Gallega
Introdución
Luis Alonso Girgado
Coordinador
Xoán Carlos Rodríguez Pérez
Índices
Josefa Beloso, Natalia Regueiro
Data publicación
1999
Prezo
5.900 pts.
ISBN
84-453-2538-8
Páxinas
1.066
Formato
18'5 x 27'5 cm.
Imprime
Grafinova, S.A.
Portada libro
Descarga en formato PDF (8 MB)
"Cultura Gallega" apareceu na Habana, a mediados de 1936, como revista cultural nun amplo sentido. Adolfo V. Calveiro e Eladio V. Ferro -director e subdirector, respectivamente- dirixiron estas páxinas que cronoloxicamente coinciden co desenvolvemento da Guerra Civil española. A publicación aspirou a unha constante exaltación de Galicia e os seus valores. Rosalía de Castro xorde coma símbolo da terra (hai un número extraordinario dedicado á súa figura) e abondan as colaboracións de temática literaria, histórica, artística, etc. Rematada en 1940, "Cultura Gallega" quixo ser ponte entre a Galicia interior e a da emigración en Cuba. Informou polo miúdo do Centro Galego e doutras sociedades galegas da illa, así coma do sanatorio galego Concepción Arenal. Ramón Fernández Mato, Fuco G. Gómez, Otero Pedrayo, Jesús Peynó, Carmiña Prieto, Marcial Valladares, Sinesio Fraga, Curros, Cabanillas ou Xerardo Álvarez Gallego forman parte da extensa nómina de colaboradores destas páxinas. Este volume facsimilar dos anos 1936-1937 conta coas presentacións de Isidoro Guede e Neira Vilas.

Valid XHTML 1.0 Strict