Título
Galicia. Revista semanal ilustrada.(Edición facsimilar)
Director do proxecto
Luís Alonso Girgado
Edición
María Vilariño Suárez
Data publicación
2007
Prezo
27 €
ISBN
978-84-453-4390-6
Páxinas
250
Formato
27 x 39 cm.
Imprime
Rella, S.L.
Portada libro
Descarga en formato PDF (11,6 MB)
Fundada e dirixida por Vicente López Veiga, a revista Galicia (A Habana, 1902-1930), semanal e ilustrada, é sen dúbida a principal cabeceira no contexto da nosa prensa en Cuba (arredor de oitenta publicacións). Nesta primeira entrega, reproducimos (facsímile e CD) os anos 1902-1903 nos que se inicia a publicación. Galicia, que posúe notable riqueza informativa, atesoura unha ampla listaxe de sinaturas de primeira liña e presenta importante atención á cultura, literatura e arte de Galicia -tamén á súa historia e problemas de todo tipo-, impulsou a creación da Asociación Iniciadora e Protectora da Real Academia Galega, proxecto que protagonizaron Fontenla Leal e Curros Enríquez, entre outros. O material para a realización da edición de Galicia (1902-1903) procede do Instituto de Literatura e Lingüística da Habana (que tiña un convenio de colaboración co Centro Ramón Piñeiro) e da Biblioteca Nacional José Martí.

Valid XHTML 1.0 Strict