Cadernos de Fraseoloxía Galega

Número completo

Título
As imaxes da lingua rusa
Autor
Valerii Mokienko
Tradutor
Ekaterina Lossik (versión galega)
Revisión
Mª Clara Viqueira Liñares (versión galega)
Índices
Maite Veiga Díaz (versión galega)
Coordinador
Xesús Ferro Ruibal (versión galega)
Data publicación
2000
Prezo
2.964 pts.
ISBN
84-453-2738-0
Páxinas
380
Formato
17 x 24 cm.
Imprime
euroGráficas pichel, s.l.
Portada libro
Descarga en formato PDF (9,72 MB)
Neste longo ensaio Valerii Mokienko aplica o método da modelación semántico estructural (que formula en "Fraseoloxía eslava", publicado nesta mesma colección) a algúns fragmentos da representación lingüística rusa do mundo, comparándoa coas representacións doutros pobos eslavos, románicos e xermánicos e facendo especial fincapé na reconstrucción da vida espiritual dos eslavos. De aí parten digresións sobre a mitoloxía pagá e cristiá, decodificando connotacións rituais de ideas antiquísimas como tempo, espacio e acción. Para Mokienko a lingua non só é un espello da cultura tradicional, senón tamén un cristal de aumento que permite examinar escrupulosamente os seus detalles máis miúdos. Na aplicación deste método descobre que certas expresións, que a primeira vista parecen rusas de pura cepa, son calcos ou préstamos de linguas veciñas, ou que, a pesar da distancia entre o mundo eslavo e o mundo ibérico, hai mecanismos fraseolóxicos que están vivos alí e aquí sen que historicamente documentemos suficientes contactos. Esta traducción, que contrasta continuamente a fraseoloxía eslava coas equivalencias fraseolóxicas galegas, contén índices moi completos e é a primeira que se fai a unha lingua occidental, formando así parte do proxecto de "Traducción de obras de fraseoloxía rusa" que dirixe Xesús Ferro Ruibal.

Valid XHTML 1.0 Strict