Cadernos de Fraseoloxía Galega

Número completo

Título
Fraseoloxía eslava. (Manual universitario para a especialidade de lingua e literatura rusas)
Autor
Valerii Mokienko
Tradutor
Ekaterina Guerbek (versión galega)
Índices
Ekaterina Guerbek (versión galega)
Revisión
Isabel Valiño Ferrín, Maite Veiga Díaz (versión galega)
Coordinador
Xesús Ferro Ruibal (versión galega)
Data publicación
2000
Prezo
3.245 pts.
ISBN
84-453-2739-9
Páxinas
502
Formato
17 x 24 cm.
Imprime
euroGráficas pichel, s.l.
Portada libro
Descarga en formato PDF (2,77 MB)
O profesor de San Petersburgo, Valerii Mokienko, sempre tivo a preocupación por encontrar un método para establece-la etimoloxía das expresións fraseolóxicas que se puidese comparar en rigor ó que os lingüistas idearan para reconstruíren a historia dos cambios fonéticos e morfolóxicos. Naturalmente tiña que supera-la fácil etimoloxía popular. A pescuda dos universais fraseolóxicos levouno a artellar un método de traballo que el denominou a modelación semántico-estructural. Neste libro o autor formula por primeira vez ese método científico para o estudio diacrónico da fraseoloxía, mediante as dicotomías estabilidade / inestabilidade, modelabilidade / inmodelabilidade, implicidade / explicidade, imaxibilidade / inimaxibilidade, expresividade / neutralidade e finalmente sincronía / diacronía. Este método, hoxe practicado por fraseólogos de Europa, Asia e América, desvela algúns dos chamados universais fraseolóxicos e permite descubri-la etimoloxía das expresións fraseolóxicas con certo rigor. Os principios xerais, que establece para a investigación da fraseoloxía eslava, poden ser utilizados tamén no estudio da idiomática das linguas non eslavas, incluída a galega. Por esa razón esta traducción contrasta continuamente a fraseoloxía eslava coas equivalencias fraseolóxicas galegas e contén índices moi completos. Esta primeira traducción a unha lingua occidental forma parte do proxecto de "Traducción de obras de fraseoloxía rusa" e representa o soporte teórico daqueloutro longo ensaio titulado "As imaxes da lingua rusa", que tamén aparece nesta colección.

Valid XHTML 1.0 Strict