BiRMED: Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval (ISSN 1989-869X)
Versión 2.1 Marzo de 2009
A Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval (BiRMED) é unha base de datos que ten como obxectivo servir como ferramenta de traballo aos estudiosos da literatura galega medieval, facilitando a busca de referencias e o contacto entre a produción científica de distintas áreas xeográficas.
Está constituída por unha interface de buscas que permite recuperar datos a partir de múltiples estratexias. Esta organización permite acceder a unha consulta máis detallada da referencia nunha ficha bibliográfica que inclúe os datos de publicación da mesma e unha serie de palabras clave que pretenden orientar acerca do contido. |