nobody Axuda Saír
LeftCurrentTab Inicio RightCurrentTabLeftNonCurrentTab Cantigas RightNonCurrentTabLeftNonCurrentTab Estrofas RightNonCurrentTabLeftNonCurrentTab Versos RightNonCurrentTabLeftNonCurrentTab Trobadores RightNonCurrentTab
Inicio > Preguntas frecuentes

Inicio
Termos e condicións de uso
Cambio contrasinal
Créditos
Documentación
FAQ
Histórico de actualizacións



Preguntas frecuentes
Non consigo parar o desprazamento da imaxe do manuscrito cando teño que cambiar de ventana.
Un xeito de evitar este problema é utilizar as teclas do cursor no canto do rato. Así, pulsando ALT+Tabulación poderemos escoller a ventana á que queremos ir sen que a imaxe do manuscrito se mova.
Interésame buscar a forma qu’en todas as cantigas de amor. Como podo facer?
Situándonos na pantalla de “Cantigas”, teremos que encher os seguintes campos: en primeiro lugar, no campo “Categoría” introduciremos a letra A (abreviatura que se emprega para as cantigas de amor). A seguir introducimos o termo qu, sen apóstrofe, no campo “Texto da cantiga” e prememos sobre o botón “Buscar”. A base devólvenos a información desexada.
Como podo facer para buscar todas as formas de senhor que recollen as cantigas galego-portuguesas?
Na pantalla “Cantigas” teremos que introducir no campo “Texto da cantiga” o termo senhor empregando o comodín %, deste xeito: se%or. Este comodín permite buscar termos de lonxitude variábel con comezo e final determinado, de tal xeito que a base devólvenos todas as cantigas que conteñan termos relacionados, tales como “senhor”, “sennor” e “señor”; aínda que tamén “servidor”. Deste xeito, teremos que consultar cada un dos resultados para seleccionar todas aquelas que nos interesen en cada caso.
Como teño que facer para buscar todas aquelas cantigas de amigo que presenten os termos amor e coita?
Para facer buscas nas que aparezan dous termos ao mesmo tempo no mesmo campo temos que empregar o operador &. Así, ten que introducir no campo “Categoría” a abreviatura M (que é a que se emprega para as cantigas de amigo), e no campo “Texto da cantiga” a forma: amor & coita. Tras premer no botón “Buscar” a base devólvenos a información desexada.
Permite a base buscar vocais nasais, como por exemplo o ẽ, no texto das cantigas?
Na sección de “Buscas” optouse por solucionar o problema dos diacríticos dun xeito homoxéneo, de tal forma que todos os diacríticos trátanse de maneira igual, polo que a base non permite a busca selectiva dun til diacrítico en concreto. Así, se queremos buscar algunha vogal nasal en concreto (por exemplo o ‘ẽ’), deberemos introducir no campo “Texto da Cantiga” -na pantalla Cantigas-, a vogal desexada -neste caso o e- sen ningún tipo de trazo. A base devolverá aquelas cantigas que conteñan esta vogal, tanto as que presentan nasalidade como as que non. Teremos que consultar cada un dos resultados para seleccionar aqueles que presenten a vogal nasal.
Interésame buscar todos aqueles trobadores leoneses cuxa actividade poética se desenvolve entre 1200 e 1300. Como debo proceder?
Situándonos na pantalla “Trobador”, debemos seleccionar no campo “Actividade desde” o operador “Maior” e introducir a data 1200, mentres que no campo “Actividade ata” seleccionaremos o operador “Menor” ao mesmo tempo que introducimos a data de 1300. Ademais, no apartado “Filtros”, marcaremos no campo correspondente (“Orixe”) a opción “Leonesa”. A base devolverá a información desexada.
Como teño que facer para buscar palabras con variedade gráfica como “dereito / dereyto” nas cantigas?
Situándonos na pantalla das “Cantigas”, debemos empregar o comodín _ (guión baixo), pois este comodín permite a substitución dun carácter en concreto por un espazo no que pode figurar calquera carácter. Deste xeito, no campo “Texto da Cantiga” introduciremos a forma dere_to. A base devolverá todas aquelas cantigas que presenten as variantes do termo, tales como “dereito” e “dereyto”.
Como podo facer para procurar só cantigas dun determinado xénero ou modalidade xenérica?
Para iso é necesario introducir a abreviatura pertinente no recadro “categoría”. O listado de abreviaturas pódese obter premendo na palabra “Categoría” ou na “Axuda”.
Como podo facer para atopar todas as cantigas que conteñan “amor” no incipit?
Para procurar cantigas cunha palabra determinada no incipit hai que escribir esta palabra co comodín % (que permite substituír cadeas de texto de lonxitude variábel) tanto diante como detrás da palabra no campo “incipit”, mediante a forma: %amor%; e seleccionar o operador “Como”. Deste xeito, a base devolverá todas as cantigas que conteñan o termo desexado no incipit.
Como podo localizar todas as cantigas que presenten algún tipo de refrán inicial?
Situándonos na pantalla “Estrofas”, debemos seleccionar no campo “Tipo Estrofa”, situado no apartado dos filtros, a opción “Refrán inicial”. Tras premer sobre o botón ”Buscar” a base devólvenos a información requirida.
Como podo buscar todos os versos de rima feminina (grave) nas cantigas?
A base de datos permite a busca dun determinado esquema métrico con distinción de rimas masculinas e femininas, de tal xeito que, situándonos na pantalla “Estrofas”, debemos introducir no campo “Esquema métrico” o esquema que desexamos buscar, por exemplo, o 7’ 7 7’ 7, mediante a seguinte forma: 7’’ 7 7’’ 7; é dicir, hai que repetir o apóstrofe para buscar as rimas femininas.
Como podo saber o número total de versos / estrofas / cantigas que ten o corpus da lírica profana galego-portuguesa?
MedDB é unha base de datos que contén o corpus completo das cantigas medievais dos trobadores galego-portugueses, recollido en tres táboas principais: a táboa das cantigas contén 1691 rexistros que recollen a información completa de cada cantiga. Na táboa das estrofas atopamos 5925 rexistros que recollen a información de cada estrofa de cada cantiga; e a táboa dos versos contén 34231 rexistros que se corresponden a cada un dos versos de todas as cantigas. Non obstante, na pantalla inicial, en concreto, na parte lateral esquerda da pantalla podemos acceder a tres opcións: a de inicio, a dos créditos e a da documentación. Nesta última ofrécese o manual de uso da base: neste manual recóllese, entre outras informacións relativas a aspectos técnicos e teóricos así como exemplos de uso da base, o número total de versos, estrofas e cantigas que conforman o corpus (en concreto, nas páxinas 18 e 19).