Inicio Termos

Inicio

Inicio    

TERGAL versión 1.1

ISSN 2530-4917

TERGAL é un banco de datos terminolóxico que recolle as denominacións galegas recomendadas para conceptos das linguas de especialidade e, de maneira especial, dos dominios científicos e técnicos.

Os rexistros recollen información conceptual que axuda a identificar a noción á que fan referencia e, ademais dos termos recomendados en lingua galega, tamén inclúen un amplo número de equivalentes nas linguas de maior uso internacional, así como outras linguas románicas de menor difusión.

TERGAL é unha aplicación desenvolvida polo Servizo de Terminoloxía Galega (TERMIGAL) en colaboración co departamento de informática do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Foi creada a partir dun baleirado dos termos incluídos nalgunhas das publicacións de TERMIGAL, corrixido e ampliado para dar cabida a outras áreas de interese, así como tamén aos termos puntuais consultados neste servizo e que xa contan coa aprobación da Comisión de Validación da Real Academia Galega.


nobody