Bolsas

Moi importante: Os documentos desta sección teñen carácter exclusivamente informativo, sen que o seu contido teña valor xurídico vinculante. Os interesados deberán remitirse ao Diario Oficial de Galicia (DOG) correspondente.

Convocatoria de bolsas de formación

Orde do 31 de decembro de 2011 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de oito bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (ED109A).

Convocatoria:

Diario Oficial de Galicia Nº 8 do xoves, 12 de xaneiro de 2012 (descargar pdf)

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun mes, que se contará a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte (ata o 13 de febreiro incluído).

Máis información:

Os formularios desta solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia en https://sede.xunta.es (buscar procedemento ED109A)

Valid XHTML 1.0 Strict