 | MedDB 2: Base de datos da lírica profana galego-portuguesa (ISSN 1989-4546) |
| Base de datos do corpus completo das cantigas medievais dos trobadores galego-portugueses, con información detallada tanto das composicións como dos aspectos histórico-biográficos dos trobadores. |
 | BILEGA: Bibliografía Informatizada da Lingua Galega (ISSN 1885-2920) |
| BILEGA é unha base de datos que contén información
bibliográfica anotada sobre traballos de
investigación ou de divulgación / opinión que se ocupan
da lingua galega -de forma exclusiva ou parcial- nas diferentes fases do seu
desenvolvemento histórico (incluídos os períodos de
formación). |
 | CORGA: Corpus de referencia do galego actual (ISSN 1988-1541) |
| O Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) é unha colección de documentos que se almacenan en formato electrónico na que están representados os diferentes tipos de textos da lingua galega actual (xornalísticos, literarios, etc.). Cronoloxicamente comprende textos publicados dende 1975 ata a actualidade.
|
 | CODOLGA: Corpus documentale latinum gallaeciae |
| O Corpus Documentale Latinum Gallaeciae nace co propósito de elaborar un corpus textual o máis completo e actualizado posible con toda a documentación medieval relacionada con Galicia en lingua latina desde o século VI ata o XV, ambos inclusive. Abrangue os textos recollidos nos cartularios e coleccións dos centros monásticos: Samos, Sobrado, Oseira, Celanova, Xubia, Lourenzá, Carboeiro, Caaveiro, Antealtares, San Martiño Pinario etc., así como documentación das sés catedralicias de Santiago, Mondoñedo, Lugo, Tui e Ourense.
|
 | BiRMED 2: Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval (ISSN 1989-869X) |
| A Bibliografía de Referencia do Arquivo Galicia Medieval (BiRMED) é unha base de datos que ten como obxectivo servir como ferramenta de traballo aos estudiosos da literatura galega medieval, facilitando a busca de referencias e o contacto entre a produción científica de distintas áreas xeográficas. Esta é unha evolución da Bibliografía de Referencia da Lírica Medieval Galego-Portuguesa (ISSN 1988-0936) publicada en agosto de 2006.
|
 | DiTerLi: Base de datos do Dicionario de Termos Literarios |
| O Dicionario de Termos Literarios inclúe voces de moi diversos ámbitos, desde as que proveñen da Poética e a Retórica clásicas até aquelas que están aínda consolidándose nos campos plurais dos programas de investigación máis recentes.
|