BILEGA

Bibliografía Informatizada da Lingua Galega

ISSN 1885-2920

Versión 2.5.1

BILEGA é unha base de datos que contén información bibliográfica sobre os traballos de investigación, divulgación ou opinión dedicados ao idioma galego -de forma exclusiva ou parcial- nas diferentes fases do seu desenvolvemento histórico (incluído o período de formación).

Os rexistros da base de datos ofrecen a historia editorial completa dos documentos referidos, así como información verbo do seu contido e sobre as recensións e notas de publicación a que deron lugar. Ademais de edicións impresas, as referencias bibliográficas inclúen edicións dixitais, nomeadamente as difundidas a través da Internet.

A implementación da estrutura da BILEGA cun amplo abano de atributos clasificatorios posibilita levar a cabo pescudas de moi diversos graos de xeneralidade en función das necesidades de información de cada usuario.

Está constituída por dúas táboas: BILEGA (que contén as entradas bibliográficas) e REVISTAS (que contén os datos das publicacións periódicas citadas na primeira).